Luisa Sánchez valora o acordo entre Celta e Conxemar como “un fermoso xeito de unir dous nomes moi vencellados a Vigo”
01/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este xoves no acto celebrado en Abanca Balaídos no que o club celeste presentou a súa unión e acordo coa Asociación Española de Maioristas, Importadores, Exportadores e Transformadores de Produtos da Pesca e Acuicultura (Conxemar) para bautizar o estadio como Conxemar Balaídos a partir do ano 2028. Luisa Sánchez valorou positivamente o acordo: “Conxemar é unha referencia moi viguesa para o noso estadio, ademais dunha marca internacional e recoñecida nun sector esencial para a cidade. Que o nome dunha entidade que pon a Vigo no mapa estea ligada a Balaídos ten todo o sentido. Paréceme un fermoso xeito de unir dous nomes moi vencellados a Vigo. Ambos representan a Vigo no exterior e a súa unión reforza a imaxe da nosa cidade”, incidiu.