Luisa Sánchez participa na clausura do VI Foro Empresarial pola Igualdade da CEP
01/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou na clausura do VI Foro Empresarial pola Igualdade organizado pola Confederación de Empresarios de Pontevedra. No acto, dividido en tres mesas redondas, participaron directivas, especialistas en recursos humanos, profesionais das finanzas e representantes da Universidade de Vigo. Baixo o lema “Igualdade na empresa: do compromiso ao valor económico”, o encontro analizou como incorporar a igualdade á xestión das organizacións, avaliar os seus efectos e favorecer a participación das mulleres en espazos de decisión. Luisa Sánchez salientou o papel de todas as participantes como referentes para as mulleres do presente pero tamén “para todas as nenas que vos admiran agora”. “Vós sodes o exemplo de que o seu futuro é posible e prometedor”, remachou.