Luisa Sánchez asiste en Vigo á Festa dos Callos da Asociación Val do Fragoso

17/05/2026

Luisa Sánchez asiste en Vigo á Festa dos Callos da Asociación Val do Fragoso

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este domingo en Vigo á II Festa dos Callos organizada pola Asociación Val do Fragoso. O evento reuniu no barrio de Balaídos a centos de persoas arredor dunha proposta que combinou gastronomía e música en directo. Luisa Sánchez destacou o papel dos colectivos veciñais na dinamización social e cultural da cidade.