Luisa Sánchez asiste á II Gala do Deporte do Real Club Naútico de Vigo

25/09/2026

Luisa Sánchez asiste á II Gala do Deporte do Real Club Naútico de Vigo

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra de deputada de Deportes, asistiu á II Gala do Deporte do Real Club Naútico de Vigo, que tivo lugar este venres no Auditorio Mar de Vigo. O evento, enmarcado dentro dos actos de conmemoración do 120º aniversario da fundación do club, reuniu deportistas, familiares e persoas vencelladas á entidade. Os recoñecementos combinaron resultados individuais e colectivos, logros da canteira, traxectorias deportivas e aportacións de colaboradores e voluntarios. “Os galardóns que hoxe levades a casa son físicos pero, recordalo sempre: adestrando, competindo, lesionándovos e recuperándovos e mesmo fallando, o premio levádelo cada día. Seguide escollendo a deporte”, declarou a vicepresidenta.

Galerias de imaxes