A Deputación destina preto de 600.000 € a financiar integramente a recuperación da Praza Alameda de Brántega en Agolada

O deputado provincial Javier Tourís visitou a zona, que xa recibiu medio millón de euros a través do Plan Extra – Provincia Extraordinaria 2025, e anunciou que este venres se aprobará en Xunta de Goberno unha axuda de preto de 90.000 euros do Plan +Provincia para completar a actuación

06/05/2026

A Deputación destina preto de 600.000 € a financiar integramente a recuperación da Praza Alameda de Brántega en Agolada

O deputado provincial Javier Tourís acaba de visitar Agolada, onde anunciou que a Deputación de Pontevedra se encargará de financiar integramente as obras de recuperación da Praza Alameda de Brántega, o proxecto enmarcado no Plan Extra – Provincia Extraordinaria 2025, cunha nova achega de 88.000 euros que se suman ao medio millón de euros que xa recibira Agolada a través do plan extraordinario. A Xunta de Goberno do organismo provincial aprobará este venres os recursos para esta actuación, enmarcados no Plan +Provincia 2026-2027 que destinará a Agolada máis de 1,1 millóns de euros sumando as catro liñas de 2026 e a liña 1 de 2027, á que este ano se pode acceder anticipadamente.

Cos recursos provinciais o Concello de Agolada incrementará e mellorará os niveis de funcionalidade, seguridade viaria, accesibilidade e calidade do espazo público e da súa contorna, ademais de realizar as actuacións complementarias de renovación das redes de servizos. As vías reordenaranse con plataforma única, que terá máis espazo para as persoas e menos para os vehículos, con pavimentos de lousa de granito silvestre na zona de beirarrúas e aglomerado por formigón desactivado na calzada. No tramo que conecta a praza co auditorio resolverase a conexión visual e funcional na entrada da zona histórica, e tamén se modernizará o parque infantil. Ademais, substituiranse as luminarias, o mobiliario e renovaranse tanto o saneamento como as canalizacións dos servizos.

Javier Tourís puxo en valor que cos recursos provinciais “estamos dando resposta tanto a unha actuación prioritaria para o Concello, como demostra que o incluísen no Plan Extra”, e felicitou o Concello de Agolada por empregar os recursos do Plan +Provincia para poder completar o financiamento. O deputado provincial lembrou que “os recursos que poñemos á disposición dos concellos son fundamentais para que poidan facer realidade os seus proxectos de maior envergadura”, xa que “lles damos todas as facilidades para podelos empregar con total autonomía á hora de decidir en que queren investilos: somos un goberno municipalista”.

Novas relacionadas

{"classPK":15229118,"groupId":"37861","name":"20260420_LuisLopez_PlanExtraVilanova_TalasoTerrón_REstevez_02.jpg","alt":"Luis López destaca a achega provincial de 900.000\u20ac para facer do novo centro de talasoterapia de Vilanova unha referencia de benestar en Galicia","title":"20260420_LuisLopez_PlanExtraVilanova_TalasoTerrón_REstevez_02.jpg","type":"document","uuid":"d0d70968-4b31-51cd-4655-9f1b8abcfb9f","fileEntryId":"15229118","resourcePrimKey":"15229141"}

Luis López destaca a achega provincial de 900.000€ para facer do novo centro de talasoterapia de Vilanova unha referencia de benestar en Galicia

  20/04/2026

{"classPK":15027995,"groupId":"37861","name":"20260327_pleno_rafaestevez_05.jpg","alt":"O Pleno da Deputación aproba as subvencións do segundo Plan Extra: 37M\u20ac para executar proxectos estratéxicos en 57 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia","title":"20260327_pleno_rafaestevez_05.jpg","type":"document","uuid":"b63732d4-cb62-39f0-cd9e-5436628db50a","fileEntryId":"15027995","resourcePrimKey":"15027923"}

O Pleno da Deputación aproba as subvencións do segundo Plan Extra: 37M€ para executar proxectos estratéxicos en 57 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia

  27/03/2026

{"classPK":11473535,"groupId":"37861","name":"Plan-Extra-900x600.jpg","alt":"","title":"Plan-Extra-900x600.jpg","type":"document","uuid":"aa5ee6d5-67fe-e803-adb3-8bc9febc9dca","fileEntryId":"11473535","resourcePrimKey":"14962919"}

A Deputación repartirá máis de 15,5 M€ do II Plan Extra para financiar obras estratéxicas nas contorna de Vigo e do sur da provincia

  21/03/2026