A Deputación aproba 150.000 euros da liña 2 do Plan +Provincia para Cangas de Morrazo

Luis López explicou que estes recursos permitirán afrontar parte do financiamento das Festas do Cristo e doutras actividades do Concello de divulgación cultural e promoción turística

15/05/2026

A Deputación aproba 150.000 euros da liña 2 do Plan +Provincia para Cangas de Morrazo

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno destinar 150.000 euros da liña 2 do Plan +Provincia 2026-2027 para o Concello de Cangas de Morrazo. O presidente provincial explicou que, con estes recursos, o Concello poderá afrontar parte do financiamento das Festas do Cristo e doutras actividades de divulgación cultural, promoción turística e de dinamización do tecido asociativo.

En concreto, os 150.000 euros que recibe o Concello de Cangas de Morrazo repartiranse entre 10.000 euros para diferentes gastos do festival coral Así Canta Cangas; outros 10.000 euros para instalar una carpa na Alameda Vella para diversos eventos durante o verán; 121.000 euros para as Festas do Cristo (iluminación das rúas, inspección das atraccións, distribución de espazos, contratación de grupos musicais e cachés dos artistas, aluguer de escenarios, tirada de fotos artificiais e seguridade, ambulancias e plans de autoprotección), e 10.000 euros para a Feira da Tapa.

Luis López lembrou que o Plan +Provincia 2026-2027 está dotado de 85 millóns de euros. “Seguimos sumando recursos destes 85 millóns, o que fan deste o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da nosa historia”, asegurou o presidente da Deputación.

audios