A Deputación ten aberto ata o 7 de setembro o prazo de para solicitar +Emprega, unha liña dotada con 100.000 € para impulsar a integración de persoas con discapacidade

Os Centros Especiais do Emprego da provincia poden solicitar as axudas para subvencionar os custos salariais das súas unidades de apoio e postos de dirección ou coordinación

10/08/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo de solicitude do da liña de axudas +Emprega en Centros Especiais de Emprego, dotada con 100.000 €, un 49% máis que o pasado ano. Un programa que ten por obxectivo subvencionar os custos salariais das unidades de apoio destes centros co obxectivo de impulsar a integración laboral das persoas con discapacidade con maiores dificultades de inserción.

Os Centros Especiais de Emprego da provincia teñen de prazo ata o 7 de setembro para solicitar as axudas, que se destinarán especificamente aos custos salariais das súas unidades de apoio á actividade profesional e mais a aqueles postos que desempeñen funcións de dirección e/ou coordinación. As axudas concedidas irán aumentando progresivamente en función das persoas con discapacidade contratadas durante o ano pasado, desde os 5.000 euros (para 15 ou menos persoas traballadoras con discapacidade) ata un máximo de 18.000 euros (máis de 40).

O pasado ano beneficiáronse de 67.000 euros destas achegas oito entidades pertencentes aos concellos da Guarda (San Jerónimo Emiliani), Nigrán (Juan María Empleo), Pontevedra (Asociación de Discapacitados Intelectuais Virgen de la O e Juan XXIII), O Porriño (Lume Emprego), Vigo (Grupo Sifu Galicia) e Vilagarcía de Arousa (BATA Servizos Integrais á Comunidade e Servilar 2018).