Axenda de actividades provinciais

San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada

Desde 2026-01-30 10:00:00.0 ata 2026-04-01 21:00:00.0
Museo Provincial de Pontevedra , Edificio Castelao
Cartel San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada

A exposición amosa unha extensa representación de imaxes que van desde estampas de mestres gravadores do norte, cuxas pranchas máis antigas son do século xvi ata un mostrario das derivadas da arte gráfica contemporánea que na actualidade seguen a revivir a iconografía e o mito de san Sebastián no ámbito da publicidade.