Axenda de actividades provinciais
Tirando do Fío: Modas Decimonónicas. Curso de historia, arte e moda
Desde
Wed Oct 22 19:00:00 GMT 2025
ata
Wed Dec 17 22:00:00 GMT 2025
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Carolina Munáiz imparte este curso de oito sesións de hora e media cada unha, no que se aproxima aos cambios históricos do século xix, coma a Revolución francesa e a industrialización, e como se reflectiron na evolución dos valores do traxe europeo.
Información
O acceso é libre. Aquelas persoas que queiran obter un certificado de asistencia deberán inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir como mínimo ao 70 % das sesións.