
#TRANSPARENCIA
Modelos de exames
Exames de procesos selectivos finalizados
O acceso aos modelos de exames réxese pola Instrución de acceso aos cuestionarios dos procesos selectivos convocados pola Deputación de Pontevedra. Segundo esta, os modelos de exames anteriores a súa entrada en vigor, o 13 de xullo de 2024, só se facilitarán en formato papel, mediante unha petición por rexistro dirixida ao Servizo de Recursos Humanos e Formación e co pagamento da taxa correspondente.
Estes modelos de exames publícanse unicamente coa finalidade de servir de referencia e exemplo e axudar na preparación dunha oposición.
Cómpre ter en conta que as probas puideron ser obxecto de revisión; por iso, é posible que algunhas das preguntas que aparecen nestes cuestionarios fosen posteriormente anuladas.
A información contida neste apartado é orientadora e en ningún caso será vinculante para a resolución de procedementos administrativos.