A Deputación organiza no Museo de Pontevedra o curso ‘Máis que Musas’, que en oito sesións vai cuestionar o papel da muller na historia da arte

Impartido pola profesora Marta Riera, comeza este martes cunha sesión dedicada a Élisabeth Vigée Lebrun, retratista de María Antonieta

01/02/2026

curso ‘Máis que Musas’

A Deputación pon en marcha no Museo de Pontevedra este martes un novo curso de divulgación cultural aberto a todos os públicos. Co título ‘Máis que Musas’, o curso está estruturado en oito sesións, cada unha dedicada a unha muller relevante na historia da arte, que se desenvolverá cada martes desde o 3 de febreiro ata o 24 de marzo, de 19:00 a 20:30 h no Edificio Castelao. O acceso é libre. Quen queira obter un certificado de asistencia deberá inscribirse previamente en reservas.museo@depo.gal e acudir como mínimo ao 70 % das sesións.

O curso será impartido pola profesora Marta Riera, doutorada en Belas Artes. Ao longo de oito semanas, cuestionará o papel da muller na historia canónica da arte. Para iso percorre diversos contextos culturais, xeográficos e temporais de mulleres vinculadas a distintas disciplinas artísticas, e analiza as súas experiencias vitais e o seu legado no presente. A primeira sesión, o martes 3 de febreiro, estará dedicada a Élisabeth Vigée Lebrun, retratista de María Antonieta. A ela seguirán Cecilia Beaux, Gabriele Münter, Eileen Gray, Barbara Hepworth, Peggy Guggenheim e Lee Miller, para pechar o curso o 24 de marzo cunha sesión dedicada a Maruja Mallo.

A través desta iniciativa búscase cuestionar como durante séculos o papel da muller na arte foi o de obxecto artístico e non o de suxeito, ou por que musa é un termo feminino e xenio é masculino. Este curso pon en cuestión a historia da arte dominante para dar a coñecer outras realidades menos transitadas no ámbito académico.

Marta Riera é doutora en Belas Artes, ilustradora, deseñadora gráfica, comunicadora e divulgadora cultural. Foi profesora asociada na Facultade de Belas Artes e profesora de Debuxo e Ilustración en Estudos Superiores de Deseño e Moda de Galicia, en ambos os casos na Universidade de Vigo. Actualmente é profesora de Debuxo Artístico no CIFP de Cantería de Pontevedra; ademais, realiza conferencias e dinámicas a través da arte aplicadas ao ámbito empresarial, xunto con propostas divulgativas sobre historia da arte.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14683259,"groupId":"37861","name":"rs39607_20260129_rafadominguez_expo_sansebastian_jphilippot_08.jpg","alt":"visitas guiadas á exposición \u2018San Sebastián, corpo de beleza e dor. Unha paixón privada\u2019","title":"rs39607_20260129_rafadominguez_expo_sansebastian_jphilippot_08.jpg","type":"document","uuid":"e9f5a44b-3870-deb3-16b3-3dd881fbf5c9","fileEntryId":"14683259","resourcePrimKey":"14683346"}

A Deputación pon a funcionar este xoves un programa de visitas guiadas á exposición sobre San Sebastián no Museo de Pontevedra cun percorrido comentado polo comisario, Xosé Manuel Buxán

  24/02/2026

{"classPK":14488328,"groupId":"37861","name":"20260129_rafadominguez_expo_sansebastian_jphilippot_06.jpg","alt":"","title":"20260129_rafadominguez_expo_sansebastian_jphilippot_06.jpg","type":"document","uuid":"fc45f53d-b5a7-b201-9e52-d4d2cda11411","fileEntryId":"14488328","resourcePrimKey":"14488451"}

A Deputación revisa a iconografía de San Sebastián desde o gravado clásico ata a actualidade nunha exposición no Museo de Pontevedra

  29/01/2026

{"classPK":14466062,"groupId":"37861","name":"1080x1350-micromuseo.jpg","alt":"","title":"1080x1350-micromuseo.jpg","type":"document","uuid":"1e77f5d6-b293-61af-c073-c9b305069557","fileEntryId":"14466062","resourcePrimKey":"14466078"}

A Deputación premiará os mellores relatos audiovisuais sobre as coleccións do Museo de Pontevedra relacionadas co mar no certame escolar MicroMuseo

  26/01/2026