Luisa Sánchez salienta o exitoso arranque do Galicia Fest, con cheo no porto de Vigo e a presenza de artistas locais e internacionais
26/06/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este venres á primeira xornada da segunda edición do Galicia Fest, que reuniu a más de 6.500 asistentes nun Peirao de Transatlántico cheo. A representante provincial en Vigo, en compañía da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, compartiu un encontro con artistas vigueses como Maryland e Pablo Lesuit, cuxa presenza foi posible grazas á aposta das dúas institucións polo talento local. O primeiro día tamén contou coas actuacións de La Reina del Flow, Coti, Miriam Rodríguez, Sabela e o DJ José de Rico.
O Galicia Fest, que vendeu todos os abonos dispoñibles, continuará este sábado coa súa segunda e última xornada, na que subirán ao escenario Álvaro de Luna, Juan Magán, Lori Meyers, Taburete, Marlena, Vera Fauna, Fredi Leis e Carla Lourdes. O evento combina a presenza de artistas internacionais, nacionais, galegos e vigueses para poñer a banda sonora ao inicio do verán en Vigo nun entorno privilexiado.
