Luis López celebra o 25 aniversario dunha festa HQR que dá envergadura á provincia do deporte
10/12/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participa no acto de celebración do 25 aniversario da Festa HQR que organiza cada ano o xornal Diario de Pontevedra. Os organizadores desta festa deportiva que dinamiza as actividades do Nadal en Pontevedra e que, segundo o presidente provincial, contribúe a fortalecer a provincia do deporte, homenaxeou neste acto á Deputación de Pontevedra pola súa colaboración co evento.
“Detrás dese infinito patrimonio deportivo co que contamos na cidade e na provincia de Pontevedra están eventos como esta Festa HQR. Unha iniciativa extraordinaria que cumpre 25 anos e que merece os parabéns e o recoñecemento de toda a sociedade pontevedresa, á que sumo as felicitacións da Deputación de Pontevedra”, agradeceu o presidente Luis López.



