Luis López recibe a distinción de “Embaixador de Honra” da Festa do Viño de Meaño, un recoñecemento que reflexa o impulso da Deputación ao enoturismo

O presidente provincial, acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, participa no tradicional desfile dunha cita que reúne cada ano aos mellores bodegueiros de Meaño e da comarca do Salnés nunha festa á que asisten visitantes de dentro e fóra da provincia

19/07/2026

Luis López recibe a distinción de “Embaixador de Honra” da Festa do Viño de Meaño, un recoñecemento que reflexa o impulso da Deputación ao enoturismo

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de recibir a distinción de “Embaixador de Honra” da Festa do Viño de Meaño, que celebra este domingo a súa viséximo quinta edición na contorna do Pazo de Lis deste municipio do Salnés. Un recoñecemento que reflexa o compromiso da Deputación co impulso ao enoturismo, a colaboración coas cooperativas vitivinícolas e o apoio aos concellos.

Acompañado polo deputado de Cultura, Jorge Cubela, o presidente provincial tomou parte do tradicional desfile de autoridades que precedeu ao acto de nomeamento de novos cabaleiros, no que o titular do goberno provincial foi nomeado “Embaixador de Honra” e o presentador de televisión Carlos Sobera, encargado de dar lectura ao pregón da festa, a mención de “Cabaleiro de Mérito”. A continuación, a comitiva visitou os postos dos bodegueiros que fan desta festa enoturística unha das celebracións de maior tradición e asistencia da provincia.

O presidente Luis López amosou a súa satisfacción e agradecemento por unha distinción que supón un pulo adicional para seguir traballando polo impulso a un turismo sustentable e descentralizado, colaborando co sector agrogandeiro e cooperando cos concellos da provincia.

Galerias de imaxes