Luis López recoñece a traxectoria e contribución ao desenvolvemento económico da provincia dos empresarios Indalecio Cuevas e Julio Gómez
30/09/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde do Porriño e deputado provincial, Alejandro Lorenzo, participou este mércores na homenaxe de despedida que a Asociación de Empresarios do Polígono da Granxa realizou ao seu presidente durante 20 anos, Indalecio Cuevas, así como ao empresario e vogal da entidade Julio Gómez, logo de 25 anos de servizo. Despois de agradecer os seus legados e recoñecer as súas traxectorias empresariais vencelladas, no caso de Cuevas, ao Grupo Darlim; e, no de Gómez, á industria naval; o presidente Luis López manifestou que o sector empresarial da provincia ten na Deputación de Pontevedra un aliado.


