Luis López e Rafa Domínguez asisten ao acto de conmemoración do Día do Pilar na Comandancia da Guardia Civil en Pontevedra
12/10/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o vicepresidente Rafa Domínguez veñen de asistir este luns na Comandancia da Guardia Civil de Pontevedra ao acto de conmemoración da festividade da Santísima Virxe do Pilar, patroa da Guardia Civil. Un acto no que tivo lugar a tradicional cerimonia de imposición de condecoracións e lectura do manifesto e que rematou coa interpretación do himno da Guardia Civil.



