Luisa Sánchez felicita aos matrimonios homenaxeados en Valladares polas súas vodas de ouro
15/02/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez asistiu este domingo á celebración das vodas de ouro organizada polo Centro Veciñal e Cultural (CVC) de Valladares, que rendeu homenaxe a dous matrimonios da parroquia. As parellas formadas por Gerardo Alonso e Dolores Salgueira e por José Manuel Quiñones e Sabina Vila protagonizaron unha xornada cargada de emoción e recoñecemento a carón de familiares, amizades e veciñanza. No acto, Luisa Sánchez felicitou aos dous matrimonios polo seu percorrido vital conxunto e salientou “o exemplo de compromiso, respecto e dedicación mutua” que representan para toda a parroquia.
