A Deputación leva este venres 23 de outubro ao Grove a proposta musical para os máis pequenos de Berce do son
O espectáculo terá lugar ás 17:30 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey e enmárcase en +Música, o programa provincial dotado con 700.000 euros para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas
20/10/2026
A Deputación de Pontevedra leva este venres 23 de outubro ao Grove a proposta musical de Berce do son para pequenos de 1 a 4 anos (acompañados dun adulto), enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial que colabora cos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia para apoiar a súa programación cultural e, con isto, difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá lugar na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey ás 17:30 horas.
O dúo Berce do son está formado pola violonchelista Susana Blanco e a pianista Katerina Linke, que mesturan instrumentos acústicos con obras clásicas, arranxos propios e creacións con sonoridades suaves e divertidas para bailar, cantar e xogar. O relato combina música e peluches cunha historia con animais terrestres e mariños.
Este espectáculo é unha das 93 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.
