Luis López anuncia a apertura do prazo para inscribirse nos primeiros percorridos dunha nova edición do programa provincial “+Bosques”, que terán lugar no mes de xuño
Este iniciativa, que promove o contacto directo coa natureza, permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos baños de bosques con percorridos por Barro, Silleda, Poio, Pontevedra, Campo Lameiro e Valga
22/05/2026
A Deputación de Pontevedra abre o vindeiro mércores 27 de maio o prazo para inscribirse nos primeiros percorridos do programa +Bosques, unha iniciativa que promove o contacto directo coa natureza e permitirá ás persoas participantes gozar das vantaxes dos baños de bosques. Así o anunciou o presidente provincial, Luis López, que deu a coñecer os detalles desta nova edición, que permitirá gozar de percorridos la detallou esta iniciativa que permitirá gozar de percorridos entre xuño e setembro por rutas nos espazos naturais de Barosa (Barro), Carboeiro (Silleda), illa de Tambo (Poio), Pazo de Lourizán (Pontevedra), Maneses (Campo Lameiro), río Lérez (Pontevedra) e Fervenzas de Parafita e Raxoi (Valga) As persoas interesadas en participar nas primeiras actividades, que terán lugar en xuño, poderán inscribirse a partir das 9:00 horas do vindeiro mércores 27 de maio a través dun formulario que se habilitará na web da Deputación.
+Bosques chegará a sete espazos da costa e o interior da provincia e permitirán coñecer a variedade de ecosistemas ricos en biodiversidade de Pontevedra. Todas as rutas pretenden proporcionar ás persoas participantes unha experiencia chea de estímulos para comprender o método de aplicación do baño de bosque e a conexión directa en e coa natureza. Deste xeito, promoverase a estimulación sensorial a través do olfacto, o tacto, a vista, o oído e o gusto, así como realizaranse exercicios físicos e psicolóxicos para comprender, entender e fortalecer os lazos co medio natural da provincia. Por estes motivos cada ruta está limitada a un máximo de 15 persoas.
Os percorridos comezarán coa Ruta de Barosa, o 6 de xuño, e nese mesmo mes continuarán o 7 con Lourizán, o 13 co río Lérez, o 14 con Valga, unha ruta que se repetirá o día 27; o 20 con Carboeiro, o 21 con Maneses e rematarán ese mes coa Illa de Tambo, o 28. En xullo chegarán a Lourizán os días 4 e 26, ao río Lérez o día 5, a Barosa o 11, á Illa de Tambo o 12, a Maneses o 18, a Valga o 19 e a Carboeiro o 25. Xa en agosto +Bosques continuará polo río Lérez, o 1 e o 23, por Barosa o 2 e o 29, por Lourizán o 8 e o 30, pola Illa de Tambo o 9, por Valga o 15, por Carboeiro o 16 e por Maneses o 22. Xa en setembro o programa chegará ao río Lérez, os días 5 e 26, a Carboeiro, o 6 e o 27, a Lourizán o 12, a Valga o 13, a Barosa o 19 e rematará o 20 de setembro en Maneses. Para os percorridos de xullo a inscrición abrirase o 23 de xuño, para os de agosto o 20 de xullo e para os de setembro o 24 de agosto, en todos os casos a partir das 9:00 horas.
