Luisa Sánchez recibe ao equipo feminino júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal tras proclamarse campión galego

22/04/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra recibiu este martes na sede de Vigo ao equipo feminino júnior do Club Baloncesto Seis do Nadal, que vén de proclamarse campión galego. A tamén deputada de Deportes puxo en valor o traballo, a constancia e o bo ambiente que hai detrás deste éxito. Igualmente, destacou a importancia de contar con referentes no deporte feminino e de apoiar o deporte base, sinalando que clubs como o Seis do Nadal son un exemplo para a mocidade da provincia. Tras entregarlles uns obsequios cortesía da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez trasladoulles os seus parabéns e animounas a seguir gozando do deporte. As xogadoras e o corpo técnico entregaron á vicepresidenta unha medalla conmemorativa do seu campionato.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.