Luisa Sánchez participa na presentación do libro do 40 aniversario da Orquesta Clásica de Vigo

29/04/2025

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou hoxe na sede provincial de Vigo no acto de presentación do libro editado pola Orquesta Clásica de Vigo con motivo do seu 40 aniversario, unha cita que serviu para “render homenaxe a unha traxectoria admirable, construída con talento, esforzo, compromiso e un profundo amor pola música”, grazas a un libro que “é moito máis que un simple percorrido pola historia da formación”.

A vicepresidenta provincial lembrou a aposta da Deputación pola cultura, “porque facelo significa tamén apostar por unha sociedade máis libre, máis crítica, máis cohesionada e avanzada”, e agradeceu ás persoas que teñen formado parte da orquestra ao longo da súa historia, en especial ao seu director artístico, Manuel Martínez Álvarez-Nava, “por demostrar que desde Galicia pode facerse música de primeiro nivel, con ambición, con calidade e sen perder nunca a conexión coa terra”.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.