A Deputación oferta esta semana dúas novas accións formativas dentro do programa “SmartPeme”

Os obradoiros, que se desenvolven de xeito telemático, centraranse en ciberseguridade e intelixencia artificial

31/03/2024

A Deputación de Pontevedra, a través do programa “SmartPeme”, de asesoramento tecnolóxico para pemes e persoas autónomas, oferta esta semana dúas novas accións formativas enmarcadas na súa carteira de obradoiros. As actividades, que se desenvolverán de xeito telemático, abordarán temas relacionados coa ciberseguridade e a intelixencia artificial.

As accións formativas inícianse este luns, 1 de abril, ás 10:30 horas, co obradoiro Ciberseguridade, Cifrado de Dispositivos Móbiles, co obxectivo de concienciar sobre a importancia que ten cifrar os dispositivos móbiles. O experto universitario en robótica, programación e impresión 3D Manuel Freire ensinaralle ás as persoas asistentes a facelo empregando unha ferramenta.

O xoves 4, en horario de 11 a 13 h, terá lugar o obradoiro Ferramentas de Vídeo con Intelixencia Artificial: Runway, HeyGen, Sora, a terceira e última lección do itinerario formativo sobre o manexo destas técnicas computacionais. A través desta actividade, impartida tamén por Manuel Freire, daranse a coñecer ferramentas que usan modelos de intelixencia artificial xerativa de vídeos como Runway, HeyGen, Sora.

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.