A Deputación aproba 88.000 € do Plan +Provincia para dúas actuacións de mellora de espazos públicos na Estrada

Luis López anunciou que o Concello da Estrada empregará os recursos para mellorar os accesos ás vivendas en Codeseda e repavimentar o campo da festa de San Xorxe de Cereixo

24/04/2026

A Deputación aproba 88.000 € do Plan +Provincia para dúas actuacións de mellora de espazos públicos na Estrada

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno unha nova achega no marco do Plan +Provincia 2026-2027 para o Concello da Estrada por valor de 88.000 euros. Con estes recursos, o Concello poderá financiar dúas actuacións de mellora de distintos espazos públicos do municipio.

En concreto, o Concello da Estrada recibirá esta nova achega do goberno provincial para financiar, por unha banda, a mellora dos accesos ás vivendas na zona da Sagrada, en Codeseda, coa súa correspondente rede de recollida de augas pluviais. Utilizarase formigón en cor ocre (terra) tanto para a zona dos vehículos como a peonil. Por outra banda, os recursos tamén irán parar ao campo de festa de San Xorde de Cereixo, que se repavimentará mediante a aplicación dunha capa de formigón sobre a existente.

Luis López lembrou que o Plan +Provincia 2026-2027 está dotado de 85 millóns de euros. “Non hai Xunta de Goberno na que non afondamos na prioridade que debe ter unha institución coma esta: a cooperación cos concellos”, asegurou o presidente da Deputación.

Novas relacionadas

{"classPK":15249930,"groupId":"37861","name":"20260422_luislopez_praza_sabaris_slorenzo_01.jpg","alt":"LUIS LOPEZ INAUGURACION PRAZA VICTORIA CADAVAL","title":"20260422_luislopez_praza_sabaris_slorenzo_01.jpg","type":"document","uuid":"f9589a62-6d46-52b5-9f52-b5f8af94577b","fileEntryId":"15249930","resourcePrimKey":"15249950"}

Luis López celebra a humanización da Praza Vitoria Cadaval de Baiona, un investimento de 600.000 € cos que a Deputación dá un novo impulso a unha das “xoias das Rías Baixas”

  22/04/2026

{"classPK":15179412,"groupId":"37861","name":"20260415_maria-ramallo_vilaboa.jpg","alt":"A Deputación financiará integramente a primeira fase da humanización do núcleo do Alcouce, en Vilaboa, cun investimento de máis de 170.000 euros","title":"20260415_maria-ramallo_vilaboa.jpg","type":"document","uuid":"5a8c9493-2940-3079-aeeb-275de925611f","fileEntryId":"15179412","resourcePrimKey":"15179295"}

A Deputación financiará integramente a primeira fase da humanización do núcleo do Alcouce, en Vilaboa, cun investimento de máis de 170.000 euros

  15/04/2026

{"classPK":15143487,"groupId":"37861","name":"20260410_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","alt":"Xunta de goberno","title":"20260410_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"d83841a2-6317-9569-a7ab-9af732747e02","fileEntryId":"15143487","resourcePrimKey":"15145131"}

Luis López confirma a aprobación de recursos por valor de preto de 600.000 € para que Lalín adquira terreos para a construción da gran praza

  10/04/2026