A Deputación anuncia en Cangas do Morrazo a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

As achegas, que se poden solicitar ata o 30 de setembro, permitirán ás entidades financiar gastos de persoal, de material ou de reparación e conservación dos seus locais

17/07/2025

Apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música

A Deputación de Pontevedra acaba de poñer en marcha a nova convocatoria da liña de axudas de apoio ás escolas de música xestionadas por asociacións sen ánimo de lucro da provincia que neste 2025 ascende a 120.000 €, un 20% máis que no 2024. Así o notificou o deputado de Cultura, Jorge Cubela, na visita realizada á Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas do Morrazo, que nos dous últimos anos se beneficiou de preto de 5.300 desta liña de axudas provincial.

As axudas, que teñen aberto o prazo de solicitude ata o 30 de setembro, permitirán ás escolas financiar gastos de persoal, de material de oficina e de subministracións, actuacións de reparación e conservación dos seus locais ou de instrumentos, as primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas.

O goberno de Luis López dirixiu nos últimos dous anos 190.000 euros ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro da provincia. En concreto, na comarcade Morrazo a entidade beneficiaria foi a Asociación Xuvenil Cultural Staccato, de Cangas do Morrazo, que no 2023 recibiu preto de 2.600 euros e no 2024 preto de 2.700 euros desta liña de axudas provincial.

A Deputación pon en marcha estas axudas tendo en conta que as escolas de música da provincia eríxense como dinamizadoras culturais e constitúen para o alumnado (en especial para o de idades temperás) o primeiro contacto con profesionais do eido educativo musical, que lle transmiten coñecementos e valores culturais, fomentan a práctica da música como afección ou maior dedicación e supoñen un elemento dinamizador na contorna social na que se sitúan. O goberno provincial incrementa o crédito das axudas co obxectivo de promover o labor das escolas de música na difusión e na valorización do patrimonio cultural inmaterial na sociedade, nos que a infancia e a xuventude ocuparán un lugar relevante.

Enlaces de interés

Noticias relacionadas

{"classPK":9549852,"groupId":"37861","name":"20240620_logo_entrada-3.jpg","alt":" Últimos días axudas escolas de música 2025","title":"20240620_logo_entrada-3.jpg","type":"document","uuid":"03d29345-025b-5a0d-6f02-1ac67e42ef43","fileEntryId":"9549852","resourcePrimKey":"13608093"}

A Deputación ultima os días para solicitar as axudas ás escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro, que recibirán este ano 120.000 euros, un 20% máis que no 2024

  23/09/2025

{"classPK":13431401,"groupId":"37861","name":"20250905_luislopez_rp_jphilippot_01.jpg","alt":"Luis López na rolda de prensa","title":"20250905_luislopez_rp_jphilippot_01.jpg","type":"document","uuid":"b01795be-9778-61ce-3216-cba00debd44c","fileEntryId":"13431401","resourcePrimKey":"13431416"}

Luis López anuncia a aprobación dunha nova liña de axudas da Deputación dotada con 200.000 € para que as agrupacións musicais da provincia adquiran e reparen instrumentos e vestiarios

  05/09/2025

{"classPK":13146951,"groupId":"37861","name":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","alt":"Apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música","title":"20250717_JORGE_CUBELA_AXUDAS_ESCOLAS_MuSICA_PONTEVEDRA.jpg","type":"document","uuid":"22a400a8-2842-da28-8603-aa3c707ed406","fileEntryId":"13146951","resourcePrimKey":"13146994"}

A Deputación anuncia en Cerdedo-Cotobade a apertura do prazo para solicitar as axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro, cun 20% máis de fondos e chegando aos 120.000 euros

  17/07/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.