Luis López anuncia que a Deputación acaba de conseguir financiamento europeo para impulsar cinco novos proxectos que mobilizarán 10,6 M€

O organismo captou preto de 1,8 M€ de Europa e achegará máis de 600.000 € de fondos propios para poñer en marcha iniciativas de eficiencia enerxética, envellecemento activo, protección dos castiñeiros e de promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo

05/12/2025

Conferencia de prensa de Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acaba de anunciar que o organismo provincial acaba de conseguir financiamento europeo para impulsar cinco novos proxectos que mobilizarán 10,6 millóns de euros. Ao detalle, o organismo destinará 2,4 millóns de euros dos cales captou preto de 1,8 millóns de euros dos fondos POCTEP e do Programa de Espazo Atlántico 2021-2027 e achegará máis de 600.000 euros de fondos propios para poñer en marcha iniciativas de eficiencia enerxética, envellecemento activo, protección dos castiñeiros e de promoción dos territorios transfronteirizos e do patrimonio marítimo.

"Ter conseguido 1,8 millóns de euros de fondos europeos fala moito e ben do apoio comunitario á Administración Local, aos lazos con Portugal e tamén do traballo que aquí se realiza para captar recursos en beneficio da provincia de Pontevedra", remarcou o presidente quen detallou que a Deputación participará en Smart Building-COOP, un proxecto de eficiencia enerxética en edificios públicos, valorado en case 2,5 millóns de euros; tamén  en Activa Rural Transfronteirizo, unha iniciativa de promoción do envellecemento activo nas rexións transfronterizas por importe de 5 millóns de euros.

Ademais, o organismo provincial impulsará Chesnut Care, unha estratexia de protección dos castiñeiros ante os desafíos climáticos que está valorada en 930.000 €; en EcoFront Minho, de promoción sustentable de espazos próximos á fronteirza, por case un millón de euros; e en Awaves, de posta en valor do patrimonio marítimo e inmaterial, valorado en 1,7 millóns de euros.

Visit Rio Minho Plus

No marco do proxecto europeo Visit Rio Minho Plus, financiado ao 75% con fondos FEDER, a Xunta de Goberno aprobou un convenio cos concellos de Arbo, A Cañiza, A Guarda, Mondariz-Balneario, O Porriño, O Rosal, Salvaterra de Miño, Tomiño e Tui, por case 80.000 euros, para facilitar o acceso das persoas con discapacidade aos seus atractivos turísticos.

Con estes recursos, os concellos poderán adquirir audioguías adaptadas e descargables e impresoras braille; instalar dispositivos para mellorar a accesibilidade auditiva como bucles magnéticos de indución; ou mellorar, adaptar e instalar sinalización accesible.

videos

audios

Novas relacionadas

{"classPK":15245572,"groupId":"37861","name":"20260422_javiertouris_activarural_jphilippot_07.JPG","alt":"A Deputación lidera o proxecto Activa Rural Transfronteirizo para impulsar a innovación nos coidados e o envellecemento activo no medio rural","title":"20260422_javiertouris_activarural_jphilippot_07.JPG","type":"document","uuid":"faba0733-9871-7cf1-bfe6-dc33f5e1b145","fileEntryId":"15245572","resourcePrimKey":"15245640"}

A Deputación lidera o proxecto Activa Rural Transfronteirizo para impulsar a innovación nos coidados e o envellecemento activo no medio rural

  22/04/2026

{"classPK":15238326,"groupId":"37861","name":"20260421_javiertouris_smartbuilding_jphilippot_02.jpg","alt":"A Deputación acolle a reunión de lanzamento do proxecto europeo Smart Building, dotado con máis de 2,5 millóns de euros para impulsar a eficiencia enerxética nos edificios públicos","title":"20260421_javiertouris_smartbuilding_jphilippot_02.jpg","type":"document","uuid":"2fef619b-8190-7979-29e4-3f7636b0c6ea","fileEntryId":"15238326","resourcePrimKey":"15238340"}

A Deputación acolle a reunión de lanzamento do proxecto europeo Smart Building, dotado con máis de 2,5 millóns de euros para impulsar a eficiencia enerxética nos edificios públicos

  21/04/2026

{"classPK":14877437,"groupId":"37861","name":"20260312_javier_touris_deputacion_ourenese_proxetos_europeos.jpg","alt":"XUNTANZA DEPUTACION OURENSE PROXECTOS EUROPEOS","title":"20260312_javier_touris_deputacion_ourenese_proxetos_europeos.jpg","type":"document","uuid":"e37667e5-c73a-6e01-3e54-0e8ed4558208","fileEntryId":"14877437","resourcePrimKey":"14877463"}

As Deputacións de Pontevedra e Ourense avanzan en dous proxectos valorados en máis de 6 millóns de euros para impulsar o medio rural transfronteirizo e a eficiencia enerxética

  12/03/2026