Luis López remarca a importancia da tradición vitivinícola nas Neves e a singularidade dos tintos da subzona do Condado na XIX Festa do Tinto Rías Baixas

24/07/2025

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu nas Neves á XIX Festa do Viño Tinto Rías Baixas onde remarcou a importancia da tradición vitivinícola do concello e a singularidade dos tintos da subzona do Condado. Os festexos combinan a exaltación dos viños con actividades gastronómicas, culturais e de ocio, así como propostas familiares e infantís.

A Deputación de Pontevedra colabora coa XIX Festa do Tino Rías Baixas das Neves cunha achega de preto de 13.000 euros a través do +Provincia e coa doazón de 35 camelias para rexenerar espazos públicos e distribuír entre as 13 parroquias do concello.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.