Luis López e Luisa Sánchez asisten aos actos institucionais do Capítulo Serenísimo do Viño Albariño de Cambados

02/08/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, acompañado pola vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado provincial Javier Tourís, asisten ao acto de celebración do Capítulo Serenísimo da LXXIIV da Festa do Albariño en Cambados. Nun acto no que tamén participou o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o mandatario provincial estivo presente no Pazo de Fefiñáns na cerimonia de entrega de distincións aos Albariñenses de Honra, aos Xóvenes Albariñenses, das Follas de Prata e da investidura de novos Cabaleiros e Damas do Albariño da man do Gran Mestre do Capítulo Serenísimo, Alberto Núñez Feijóo.

Galerias de imaxes