A Deputación aproba 1,4 millóns do Plan +Provincia para financiar catro actuacións de mellora de infraestruturas e espazos públicos de Nigrán, Pazos de Borbén e Redondela

Pazos de Borbén suma 86.000 € da Deputación para financiar integramente, con preto de 575.000 €, o proxecto beneficiario do II Plan Extra para a mellora da mobilidade peonil entre o CPI Curros Enríquez e o Auditorio municipal

12/06/2026

A Deputación de Pontevedra aprobou este venres na Xunta de Goberno catro achegas por valor de preto de 1,4 millóns de euros para os concellos de Nigrán, Pazos de Borbén e Redondela no marco do Plan +Provincia 2026-2027. O presidente provincial, Luis López, anunciou que os recursos provinciais permitirán financiar catro actuacións que repercutirán na mellora de diversos espazos e infraestruturas públicas municipais. “Imos avanzando no reparto dos 85 millóns cos que conta o Plan +Provincia para mellorar os servizos públicos e modernizar os espazos municipais, facendo que Pontevedra sexa unha provincia extraordinaria”, sinalou Luis López.

O presidente da Deputación destacou que a axuda concedida ao concello de Pazos de Borbén, 86.000 €, permite completar o orzamento da mellora da mobilidade peonil entre o CPI Curros Enríquez e o Auditorio municipal, que xa recibira preto de 490.00 € no marco do II Plan Extra – Provincia Extraordinaria. Deste xeito, a Deputación finánciaa integramente cunha inxección de 575.00 euros. A actuación contempla a reordenación da zona para transformala nunha área de prioridade peonil dun único sentido, con circulación a 20 km/h e plataforma segregada na entrada (oeste) e na saída (leste, entre o Centro de Saúde e a Praza do Concello). Todos os equipamentos terán itinerarios peonís accesibles, e un específico para os nenos entre o colexio e o auditorio. Instalaranse redutores da velocidade, zonas arboradas, pequenas áreas de estancia e descanso á sombra (complementarias á principal, que seguirá sendo a Praza do Concello), mobiliario urbano e nova iluminación. Haberá varias zonas de aparcamento, tanto en liña como en batería.

Nigrán recibirá 230.000 € para o acondicionamento da rúa Rubido e a contorna da Romana, mellorando a seguridade e a circulación mediante a renovación do pavimento e a reordenación do tráfico na zona, ademais de instalar un novo sistema de drenaxe. Na  contorna da Romana realizarase unha inspección a fondo e melloraranse as redes de saneamento, coa adaptación das canalizacións ao sistema separativo e o arranxo dos tramos deteriorados baixo a Avenida de Portugal. Por último, no camiño do Barrantes rehabilitaranse o firme e a capa de rodaxe.

O Concello de Redondela recibirá 660.000 € para acometer a mellora na avenida Ernestina Otero e na súa continuación polo paseo da Xunqueira, un proxecto que inclúe a renovación da pavimentación, a mellora da accesibilidade, novo mobiliario urbano, iluminación, así como zonas verdes en todo o trazado (desde o Paseo da Portela ata o Salgueiral). Reducirase a velocidade do tráfico rodado para corrixir os excesos detectados, elevarase a calzada ao nivel das beirarrúas en varios puntos e unificarase o espazo con pedra natural. Tamén se substituirán os antigos puntos de luz por novas luminarias LED, adaptaranse as escavas para protexer o pavimento das raíces das árbores, substituiranse as árbores que se atopen en mal estado e procederase ao acrecentado da capa de rodaxe.

Ademais, Redondela destinará 420.000 ao proxecto de Museo Municipal que ocupará o solar onde se atopaban as casas dos mestres na avenida Mendiño ata o seu derrubamento en 2023. Será un inmoble accesible e eficiente, de 740 metros cadrados en tres andares, con salas de exposicións e salas polivalentes. O museo acollerá as obras de Ángel Barros, unha colección de preto de 150 cadros, doadas polo artista ao concello.

Novas relacionadas

{"classPK":16011966,"groupId":"37861","name":"20260612_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","alt":"Xunta de Goberno","title":"20260612_xuntagoberno_rafaestevez_01.jpg","type":"document","uuid":"70585d59-2abf-6b57-0667-48fe5530f034","fileEntryId":"16011966","resourcePrimKey":"16011982"}

A Deputación aproba 1,4 millóns de euros do Plan +Provincia para financiar catro actuacións de mellora de infraestruturas e espazos públicos da Estrada e Silleda

  12/06/2026

{"classPK":15994212,"groupId":"37861","name":"20260610_jesus_vazquez_almuina_nigran_provincia.jpg","alt":"A Deputación destina 230.000 \u20ac a financiar o acondicionamento da rúa Rubido e a contorna da Romana, en Nigrán","title":"20260610_jesus_vazquez_almuina_nigran_provincia.jpg","type":"document","uuid":"cf642816-b606-6e5a-c16b-dc8e37cd427d","fileEntryId":"15994212","resourcePrimKey":"15994264"}

A Deputación destina 230.000 € a financiar o acondicionamento da rúa Rubido e a contorna da Romana, en Nigrán

  10/06/2026

{"classPK":15993981,"groupId":"37861","name":"20260610_alejandro-lorenzo-visita-redondela-provincia.jpg","alt":"A Deputación destina máis dun millón de euros a financiar as obras de Ernestina Otero e a construción do novo edificio do museo, en Redondela","title":"20260610_alejandro-lorenzo-visita-redondela-provincia.jpg","type":"document","uuid":"fb382f8d-f61a-8c71-3a08-6d7e02bf8885","fileEntryId":"15993981","resourcePrimKey":"15994040"}

A Deputación destina máis dun millón de euros a financiar as obras de Ernestina Otero e a construción do novo edificio do museo, en Redondela

  10/06/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 8 resultados.