Luis López confirma a aprobación de 523.000 € para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6202 Rodeiro-Oseira
En ambas vías provinciais, tal e como informou o presidente, “renovarase a capa de rodaxe e os servizos, atendendo unha histórica demanda veciñal da vila”
21/11/2025
Luis López confirma que a Xunta de Goberno acaba de aprobar 523.000 € para a mellora da seguridade viaria e mobilidade peonil nas estradas provinciais EP-6201 Rodeiro-Vilela e EP-6202 Rodeiro-Oseira, ao seu paso por Santa María de Río e San Martiño de Asperelo. En ambas vías provinciais, tal e como informou o presidente Luis López, “renovarase a capa de rodaxe e os servizos, atendendo unha histórica demanda veciñal da vila”.
“Máis de medio millón de euros para seguir avanzando na mellora da rede de estradas provinciais”, subliñou o presidente quen engadiu que o vindeiro ano se destinará un 56% máis de recursos a reforzar as vías provinciais da provincia, con máis de 38,2 millóns de euros contemplados no Orzamento da Deputación “para a mellora destas infraestruturas, indispensables na vertebración do noso territorio”.
No caso da EP-6201, entre os núcleos de Rodeiro e Santa María de Río, o presidente detallou que se renovará a capa de rodaxe nun treito de 1,9 quilómetros, ademais de construír unha senda peonil e cunetas de seguridade transitables. Pola súa banda, na EP-6202, en San Martiño de Asperelo, López confirmou que se renovará o firme nun treito de 320 metros. Nesta vía tamén se van executar cunetas de seguridade, construír un muro de contención, implantar redutores de velocidade e renovar a rede de pluviais”.