Luisa Sánchez participa na entrega de premios do Torneo EncestaRías Women tras asistir ao duelo entre Celta e Benfica

18/09/2026

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, asistiu no pavillón Sara Gómez de Vilagarcía de Arousa ao II Torneo EncestaRías Women. A responsable provincial participou na entrega de premios do partido estrela da xornada, no que o Celta Femxa Zorka se impuxo ao Benfica (72-42). A vicepresidenta entregou o trofeo á mellor xogadora do encontro á escolta francesa Clementine Samson, que foi clave na vitoria do seu equipo.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 6 resultados.