Luisa Sánchez celebra o regreso da movida viguesa cunha emocionante noite de música en directo no porto de Vigo
12/09/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado no porto de Vigo á xornada musical dedicada á movida viguesa no Festival Son e Mar. A representante provincial puxo en valor a oportunidade de reunir sobre o escenario a músicos que contribuíron a situar á cidade no mapa musical nacional. O cartel contou con Golpes Bajos, Semen Up, Miguel Costas, Killer Barbies e Stoned at Pompeii.
Un dos momentos máis especiais foi a homenaxe a Golpes Bajos, protagonizada por Teo Cardalda e Luis García, membros orixinais da banda, e que contou coa participación de colaboradores como Antón Reixa, Miguel Costas, Silvia Superstar, Alberto Comesaña, Mercedes Ferrer e Tony Lomba. A vicepresidenta destacou a “emoción” de volver escoitar en directo cancións que forman parte da historia musical local e celebrou unha noite que “deixou claro que a música feita en Vigo segue tendo moito que dicir”.