Luisa Sánchez salienta o carácter singular da Regata Inclusiva Vigo a Vela
08/10/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Deportes, Luisa Sánchez, salientou o carácter singular da Regata Inclusiva Vigo a Vela, que este xoves presentou a súa quinta edición. Tal e como remarcou, esta proba conta coas persoas con discapacidade como integrantes das tripulacións e non como meros espectadores ou pasaxeiros das embarcacións. A proba percorrerá unhas 15 millas pola ría de Vigo, cunha participación estimada de arredor de 60 persoas procedentes de entidades sociais e coa presenza de padróns e madriñas vinculados ao deporte, á cultura e á comunicación. A Deputación de Pontevedra patrocina este evento, impulsado polas firmas MundiNova e QualityNova e coa colaboración do Real Club Náutico de Vigo, Sailway, ASDEGAL e diversas entidades sociais.