Luisa Sánchez acompaña á veciñanza de Bembrive na celebración das festas de Santiago Apóstolo
25/07/2026
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou este sábado, Día de Galicia, nos actos organizados na parroquia viguesa de Bembrive co gallo da festividade de Santiago Apóstolo. A representante provincial na cidade asistiu á misa solemne e á posterior procesión, e posteriormente acompañou á veciñanza na celebración desta xornada especial para a pedanía.

