Luis López destaca o impulso á cultura e ao turismo da provincia que proporcionan eventos como o Festival de Teatro Valle-Inclán de Vilanova de Arousa

O presidente provincial, xunto co deputado Javier Tourís, participan na presentación da do FestiValle, que se celebrará entre o 8 e 11 de xullo, un evento teatral de referencia a nivel nacional e que consolida ás Rías Baixas como destino turístico ligado á cultura

04/07/2024

Luis López na presentación do Festivalle 2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, resalta o impulso cultural e turístico para a provincia que supón a celebración no Concello de Vilanova de Arousa do “Festivalle”, o Festival de Teatro Valle-Inclán. “As Rias Baixas están de moda, todo o mundo quere vir e non só pola gastronomía, as praias, a beleza natural ou o clima. Veñen por eventos como o que se vai celebrar aquí, un festival de teatro que é de primeira”, afirmou o mandatario provincial na presentación deste festival que tivo lugar na Casa Museo do Cuadrante, en Vilanova de Arousa.

O festival, que celebra este ano a súa terceira edición, celebrarase entre os días 8 e 11 de xullo e o programa inclúe a representación de catro das máis destacadas obras do dramaturgo nacido en Vilanova de Arousa a cargo de compañías teatrais chegadas desde Sevilla, Valladolid e Madrid; así como visitas guiadas polo concello, un curso académico con conferencias e unha instalación artística. “Seguimos traballando para que nos vindeiros anos Festivalle sexa un referente cultural a nivel español”, declarou o deputado provincial e tenente de alcalde de Vilanova de Arousa, Javier Tourís, quen destacou que se trata do primeiro ano que a Deputación colabora na organización deste festival.

Organizado pola Asociación de Amigos de Valle-Inclán e coa colaboración de institucións como a Xunta, o Concello e a Deputación de Pontevedra, o Festivalle “é máis ca un festival de teatro”, sinalou López. “Servirá para seguir exaltando a figura de Valle Inclan e vai servir para que o noso destino turístico sexa descuberto por xente que chega doutros puntos da xeografía de España, algo que é moi importante porque que ven ás Rías Baixas, unha vez que proba repite”, salientou o mandatario provincial poñendo o foco no impulso que se lle pode dar ao turismo a través da cultura.

Luis López co alcalde de Vilanova de Arousa presentación do Festivalle 2024

A colaboración da Deputación coa organización deste festival ten unha dobre vertente. Por un lado, a asociación organizadora conta cun apoio económico de 10.000 euros para colaborar na elaboración do programa e, por outro, o organismo provincial colabora en materia de turismo cunha achega de 7.000 euros para a contratación de persoal para a oficina de turismo Valle-Inclán deste Concello. Unha colaboración que casa coa carácter municipalista da Deputación, que busca levar “eventos de calado e prestixio” como este festival a todos os recunchos da provincia.

Despois de recoñecer e agradecer o traballo que están a realizar tanto a Asociación de Amigos de Valle-Inclán como o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, e o deputado Javier Tourís pola promoción turística do Concello a través da cultura; Luis López reafirma o compromiso da Deputación de seguir colaborando con eventos coma Festivalle e convida a todo o mundo a achegarse a vindeira semana a Vilanova de Arousa.

 

Noticias relacionadas

{"classPK":15929525,"groupId":"37861","name":"20260604_museo_rafaestevez_03.jpg","alt":"Luis López e Rafa Domínguez anuncian a adquisición da maior colección que existe sobre Valle-Inclán para facer do Museo unha referencia en España sobre a súa figura","title":"20260604_museo_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"5c9b8845-c3d6-fade-2eda-8738ffb04ef0","fileEntryId":"15929525","resourcePrimKey":"15929737"}

Luis López e Rafa Domínguez anuncian a adquisición da maior colección que existe sobre Valle-Inclán para facer do Museo unha referencia en España sobre a súa figura

  04/06/2026

{"classPK":11139388,"groupId":"37861","name":"20240829_visita-cubela-touris-casa-valle-inclan-festivalle-01.jpg","alt":"A Deputación comprométese a seguir apoiando o Festivalle ","title":"20240829_visita-cubela-touris-casa-valle-inclan-festivalle-01.jpg","type":"document","uuid":"d0f3592e-3e17-de22-d1ed-57e542c57867","fileEntryId":"11139388","resourcePrimKey":"11139429"}

A Deputación comprométese a seguir apoiando o Festivalle para convertelo nunha referencia a nivel estatal

  29/08/2024

{"classPK":9614825,"groupId":"37861","name":"20240705_ruedaprensa-3.jpg","alt":"rolda de prensa de Luis López","title":"20240705_ruedaprensa-3.jpg","type":"document","uuid":"9efd6954-8e05-5fc3-50a0-4888b7b3aa22","fileEntryId":"9614825","resourcePrimKey":"9614846"}

A Deputación pon en marcha o novo circuíto “+Escénicas”, dotado con 175.000 euros para levar as artes escénicas a toda a provincia

  05/07/2024

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.