A Deputación destina máis de 35.000 euros ao Concello de Silleda para a sinalización horizontal de vías nos núcleos de Silleda e A Bandeira

Trátanse de recursos do Plan +Provincia que este ano destina ao concello 1,6 millóns de euros ao sumar o preto dun millón de euros do 2026 e o adianto de 646.000 da liña de investimentos do 2027

23/07/2026

A Deputación de Pontevedra acaba de aprobar unha achega por valor de máis de 35.000 euros ao Concello de Silleda para financiar a sinalización horizontal de vías nos núcleos de Silleda e A Bandeira. Trátanse de recursos do Plan +Provincia que destina ao concello 1,6 millóns de euros ao sumar os preto dun millón de euros do 2026 e o adianto de 646.000 euros da liña de investimentos do 2027.

Con estes recursos está previsto realizar traballos de renovación, mantemento e mellora da sinalización horizontal de varías vías, rúas e espazos públicos abertos ao tráfico rodado nos núcleos de Silleda e da Bandeira. Deste xeito, os fondos da Deputación de Pontevedra contribúen a garantir a seguridade viaria en rúas e espazos públicos de titularidade municipal.

O Plan +Provincia está dotado este ano con 85 millóns de euros, constituíndo o plan de obras e servizos provincial de maior dotación orzamentaria da historia da Deputación de Pontevedra. Con estes recursos os concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes están a poder impulsar actuacións e iniciativas, como a que acaba de ser aprobada para Silleda, que modernizan infraestruturas e equipamentos municipais.