Luisa Sánchez anuncia que se duplicarán as visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga ante a “excepcional resposta da cidade” que esgotou a totalidade das prazas ofertadas ata o verán

A nova quenda de visitas terá lugar todos os sábados ás 12:30, 16:00 e 17:00 horas e, ao igual que as que están en marcha os mércores e teñen todas as prazas cubertas ata o verán, será en grupos reducidos de quince persoas

05/11/2025

Luisa Sánchez no Teatro Cine Fraga

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, anunciou este mércores que se vai duplicar a oferta das visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga ante a “excepcional resposta da cidade” que “ratifica que Vigo avala o proceso de recuperación deste histórico inmoble emprendido pola Deputación e a Xunta de Galicia”. Tamén adiantou a vicepresidenta que se ampliarán os percorridos “na liña de abrir máis o Fraga á cidade” e “que toda a cidadanía goce destas espectaculares instalacións que levaban tantos anos pechadas”.

A nova quenda de visitas terá lugar todos os sábados ás 12:30, 16:00 e 17:00 horas e, ao igual que as que están en marcha os mércores e teñen todas as prazas cubertas ata o verán do 2026, será en grupos reducidos de quince persoas. “Vendo a elevadísima demanda destes percorridos guiados non queriamos que ningún vigués e viguesa quedase fóra desta actividade”, asegurou a vicepresidenta quen engadiu que “queremos abrir as portas do Teatro Cine Fraga para que toda a veciñanza poida gozar desta edificio que grazas á Deputación e á Xunta de Galicia será recuperado”.

As visitas, para as que é preciso inscribirse a través do número de teléfono 986 118 227, permitirán coñecer o vestíbulo do Teatro, con parada na escaleira de acceso ao segundo andar, que permite ter unha visión da parte superior do inmoble. Tamén se coñecerá a platea e subirase ao primeiro anfiteatro antes de rematar o percorrido cunha visita á antiga discoteca Nova Olimpia, situada no soto do edificio.

Galerias de imaxes

Novas relacionadas

{"classPK":14961874,"groupId":"37861","name":"20260318_fraga_rafaestevez_06.jpg","alt":"A Deputación e a Xunta salientan a gran acollida das visitas ao Teatro Cine Fraga, con 1.800 persoas e unha trintena de colectivos participantes","title":"20260318_fraga_rafaestevez_06.jpg","type":"document","uuid":"226bb1e3-93cb-b7d2-bcd4-6dbe684a9b17","fileEntryId":"14961874","resourcePrimKey":"14950192"}

A Deputación e a Xunta salientan a gran acollida das visitas ao Teatro Cine Fraga, con 1.800 persoas e unha trintena de colectivos participantes

  18/03/2026

{"classPK":14043648,"groupId":"37861","name":"20251911_aprobacion_convenio_fraga_03.jpeg","alt":"Luisa Sánchez","title":"20251911_aprobacion_convenio_fraga_03.jpeg","type":"document","uuid":"68e2d8c6-8bf4-d12e-d648-02051367fe17","fileEntryId":"14043648","resourcePrimKey":"14043739"}

Luisa Sánchez anuncia que o pleno provincial aprobará este mes o convenio entre a Deputación e a Xunta para cofinanciar as obras de recuperación do Teatro Cine Fraga

  19/11/2025

{"classPK":13999982,"groupId":"37861","name":"20251211_formacion_adestradoras_arbitras_02.jpg","alt":"Luisa Sánchez coas Celtas","title":"20251211_formacion_adestradoras_arbitras_02.jpg","type":"document","uuid":"8b5bd3b2-259a-3c95-9fea-63322d5eebb3","fileEntryId":"13999982","resourcePrimKey":"14000050"}

Luisa Sánchez anima a solicitar as axudas da Deputación para que as mulleres da provincia completen a súa formación como adestradoras, xuízas e árbitras

  12/11/2025

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 6 resultados.