Luis López confirma a activación do procedemento para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, en Marín, cun investimento de 1,2 millóns de euros

O presidente Luis López asegura que a actuación será financiada integramente pola Deputación de Pontevedra e permitirá mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos na zona que conecta as estradas EP-1202 e a PO-313

06/03/2026

Luis López confirma a activación do procedemento para contratar as obras de mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, en Marín, cun investimento de 1,2 millóns de euros

Luis López confirma a aprobación de novos recursos para as estradas provinciais con 1,7 millóns de euros para melloras en dúas estradas provinciais ao seu paso por Marín e Salvaterra de Miño. No caso concreto do primeiro concello, o presidente da Deputación confirmou que a Xunta de Goberno acaba de aprobar o expediente para contratar as obras e mellora da estrada provincial EP-1203 O Campo-Pardavila, onde se investirán 1,2 millóns de euros.

A actuación, tal e como explicou López, será financiada integramente pola Deputación de Pontevedra. O obxectivo dos traballos é mellorar as condicións de seguridade e mobilidade para peóns e vehículos na zona que conecta as estradas provinciais EP-1202 e a autonómica PO-313. Neste eido, darase accesibilidade ao núcleo de Ruanova, onde se construirá unha senda peonil para ofrecer un mellor tránsito ás persoas e ordenar a convivencia co tráfico rodado.

“Avanzamos -asegurou o presidente da Deputación – unha semana máis, na transformación das estradas provinciais desta provincia, investindo recursos como nunca antes se fixera para alongar a súa vida útil e garantir que se encontren en condicións axeitadas de seguridade”.

audios

Novas relacionadas

{"classPK":14877640,"groupId":"37861","name":"20260312_belen_cachafeiro_ep_5105_maceira_grana_covelo.jpg","alt":"A Deputación está a investir 280.000 \u20ac en obras de conservación de firmes en catro estradas provinciais que atravesan o Concello de Covelo","title":"20260312_belen_cachafeiro_ep_5105_maceira_grana_covelo.jpg","type":"document","uuid":"ea4fa1ff-4860-078e-e2dd-8442b9bed8fe","fileEntryId":"14877640","resourcePrimKey":"14877658"}

A Deputación está a investir 280.000 € en obras de conservación de firmes en catro estradas provinciais que atravesan o Concello de Covelo

  12/03/2026

{"classPK":14790442,"groupId":"37861","name":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_04.jpg","type":"document","uuid":"d3ff4753-47fd-463b-8b75-098e294d595a","fileEntryId":"14790442","resourcePrimKey":"14792210"}

A Deputación aproba unha achega de preto de 800.000 € do Plan +Provincia para que o Concello de Poio afronte a mellora das rúas Sil, Umia e Oitavén en San Salvador

  06/03/2026

{"classPK":14790288,"groupId":"37861","name":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_03.jpg","alt":"Luis Lopez na conferencia de prensa","title":"20260306_conferenciaprensa_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"0775e908-e279-8683-be38-1d3b179b23bb","fileEntryId":"14790288","resourcePrimKey":"14792085"}

A Deputación aproba unha achega por valor de 121.000 € para que Ponteareas afronte a redacción do proxecto de urbanización do solo industrial na Lomba

  06/03/2026

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.