Luis López anuncia a aprobación de 1,6 millóns de euros do Plan +Provincia para que 11 concellos realicen melloras en infraestruturas municipais, afronten gasto corrente e contraten a 57 persoas

“Seguimos sumando recursos dentro destes 85 millóns de euros dos que está dotado o +Provincia 2026-2027, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”, subliñou o presidente

13/03/2026

Luis López anuncia a aprobación de 1,6 millóns de euros do Plan +Provincia para que 11 concellos realicen melloras en infraestruturas municipais, afronten gasto corrente e contraten a 57 persoas

Luis López acaba de anunciar a aprobación de 1,6 millóns de euros para A Illa de Arousa, A Lama, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Poio, Pontecesures, Salvaterra de Miño, Silleda e Tui ao abeiro do Plan +Provincia. “Seguimos sumando recursos dentro destes 85 millóns de euros dos que está dotado o +Provincia 2026-2027, o plan de obras e servizos de competencia municipal máis ambicioso da historia da Deputación”, subliñou o presidente.

En concreto, ao abeiro da liña 1 de investimentos Dozón recibe 51.000 euros para a renovación da cuberta de lousa no edificio sociocultural do Castro, e Poio terá 364.000 euros para continuar co proxecto de reurbanización da PO-308, que ten un orzamento total de 1,27 millóns de euros e que xa recibiu 155.000 euros do +Provincia 2025. Pola súa banda, ao abeiro da liña 2 de gasto corrente, A Lama contará con 50.000 € para o gasto derivado da programación cultural, deportiva e social; Pontecesures 61.000 € para a Festa do churro e a Festa do Carme, así como para cursos formativos; Silleda 100.000 € para os servizos enerxéticos e de mantemento integral do alumeado público exterior; Tui outros 100.000 € para as Festas de San Telmo, e A Illa de Arousa 108.000 € para o servizo de recollida de lixo e xestión do punto limpo, así como para a limpeza da escola infantil e do CEIP Torre.

Xa ao abeiro da liña 3, de activación do emprego, Gondomar recibirá case 75.000 euros para contratar 6 persoas desempregadas: 5 peóns de obras públicas e 1 condutor de camión; Nigrán case 222.000 euros para 15 persoas: 12 peóns forestais, 2 auxiliares de turismo e 1 técnico de biblioteca; Salvaterra de Miño disporá de 233.000 euros para 16 persoas: 3 mozos de recollida de lixo, 2 oficiais albaneis, 2 peóns forestais, 2 condutores, 2 varredores, 1 técnico de turismo, 1 fontaneiro, 1 bibliotecario, 1 peón de limpeza e 1 cobrador, e Lalín con 253.000 euros contratará 20 persoas: 8 peóns de obras públicas, 4 peóns forestais, 2 condutores de tractor desbrozadora, 2 peóns de limpeza, 1 auxiliar de información turística, 1 auxiliar administrativo, 1 axente notificador e 1 condutor de motoniveladora,

audios