#AXENDA2030

Obxectivo 2

Poñerlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible

O segundo obxectivo global é poñerlle fin á fame, lograr a seguridade alimentaria e a mellora da nutrición e promover a agricultura sostible para o ano 2030. As súas metas atenden, en primeiro lugar, á mellora da alimentación a través do acceso de todas as persoas a unha alimentación sa, nutritiva e suficiente e á erradicación de todas as formas de malnutrición, e ocúpanse tamén da produción de alimentos, a agricultura e o sistema alimentario en xeral.


As institucións públicas traballarán para reverter as situacións de desigualdade que poidan xerar problemas de fame e para desenvolver servizos sociais e redes de apoio que a eviten na nosa sociedade.

Ligazóns de interese

Galerias de imaxes