Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia (ASANOG)
ASANOG
- Vigo
- 664 12 61 04
- asanog@asanog.org
- www.asanog.org

Obxecto
- Contribuír á mellora do estado no aspecto médico, psicosocial, asistencial, laboral, económico, educativo etc. da infancia e adolescencia oncolóxica e das súas familias.
- Fomentar e desenvolver cantos medios sexan posibles para conseguir que as e os menores con cancro tratados na comunidade galega teñan as mellores oportunidades de diagnóstico, tratamento e curación coa maior calidade de vida posible.
- Traballar para que o desenvolvemento socioafectivo da infancia e adolescencia oncolóxica e das súas familias sexa o máis adecuado ás súas especiais circunstancias.
- Crear e fomentar grupos de apoio para realizar actividades de axuda mutua e autoaxuda.
- Apoiar e representar a infancia e a adolescencia oncolóxica, así como as súas familias, para a consecución dos seus dereitos e a denuncia da súa vulneración, ademais de promover os dereitos de menores con discapacidade.
- Dar a coñecer ASANOG e a problemática do cancro infantil.
- Promover a integración escolar e social da infancia e adolescencia oncolóxica e das súas familias, así como favorecer actitudes sociais positivas para contribuír á súa plena inclusión social.
- Desenvolver proxectos e actividades relacionadas co fomento e participación da acción voluntaria.
- Favorecer un maior coñecemento por parte da sociedade do cancro infantil e dos seus tratamentos fomentando a divulgación dos estudos desenvolvidos.
- Fomentar a investigación en materia de enfermidades oncolóxicas que afectan a infancia e adolescencia en aspectos médicos, psicolóxicos e socioeconómicos.
- Promover a formación de profesionais multidisciplinares de oncoloxía pediátrica.
- Favorecer e coordinar a participación de institucións públicas e privadas nos plans, programas e/ou actividades que elabore a asociación.
- Articular os mecanismos para a participación de ASANOG nos plans e programas dos servizos públicos ou privados como voceiros recoñecidos dos intereses e das necesidades da infancia e adolescencia oncolóxica, así como a das súas familias.
- Impulsar alianzas con sociedades médicas e colectivos profesionais, tanto da especialidade coma con outras afíns, e con institucións e organizacións relacionadas co cancro infantil.
- A realización de calquera outra actividade que de forma directa ou indirecta contribúa ao cumprimento da misión de ASANOG ou redunde en beneficio da infancia e da adolescencia con cancro e das súas familias.
Áreas de intervención
Atención psicosocial:
Con atención primaria, psicolóxica e social.
Atención sociocultural e educativa:
Con acompañamento diario de lecer e apoio educativo.
Atención socioeconómica:
Con apoio económico e aloxamento.
Atención mediante terapia ocupacional:
Apoio terapéutico.
Dotación de recursos :
Con proxectos de humanización e equipamento.
Persoas destinatarias
Infancia e adolescencia con cancro tratada na comunidade autónoma de Galicia e as súas familias.
Principais proxectos
ASANOG basea a súa estrutura en tres programas fundamentais:
ACOUGO
Programa co que se fomentan, desenvolven e xestionan iniciativas relacionadas coa atención sanitaria ás e os menores oncolóxicos e ás súas familias.
Investigación do cancro infantil.
Coidados paliativos pediátricos a domicilio. Creación dun centro de referencia.
Atención a adolescentes en unidades pediátricas.
MEU BEN
Programa co que se fomentan, desenvolven e xestionan proxectos relacionados coa calidade de vida de menores oncolóxicos e das súas familias.
Psicosocial. Socioeconómico. Aloxamento temporal. Respiro familiar.
Sociocultural, lecer e tempo libre. Sensibilización e concienciación. Humanización.
SUMAMOS
Xunta todas as propostas orientadas á obtención de recursos humanos, materiais e económicos, necesarios para o correcto desenvolvemento dos programas
e proxectos de acción directa e indirecta.