Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo

AFAMO
Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo

A Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer e outras Demencias do Morrazo (AFAMO) está destinada a persoas afectadas de alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas, as súas familias e a comunidade.

O obxectivo é contribuír ao benestar das persoas afectadas de demencia e das súas familias a través dunha atención integral e especializada, promovendo o envellecemento activo e a prevención mediante recursos e servizos que respondan ás súas necesidades e buscando unha maior implicación da sociedade.

Actuacións

Por unha banda, AFAMO traballa coa familia, asesorándoa e prestándolle apoio psicolóxico; por outra, coas persoas afectadas mediante o aproveitamento do centro de día terapéutico público xestionado por AFAMO, do seu centro de día privado ou da realización de programas propios da asociación, pero independentes do centro.

Por último, traballa coa comunidade, sensibilizando e intentando propiciar un cambio positivo e solidario na opinión pública, ao tempo que promove a prevención e a detección precoz a través do programa de envellecemento activo.

Así, podemos dividir todos os servizos que ofrece AFAMO da seguinte maneira:

  • Programas de intervención con familiares de persoas afectadas de alzhéimer e doutras demencias.
  • Programas de intervención con persoas afectadas de alzhéimer e doutras demencias.
  • Programas de intervención sociocomunitaria.

Datos de contacto

Rúa María Martín, 3, baixo, 36950 Moaña