Asociación Xaruma

Asociación Xaruma

Obxecto da entidade

Xaruma é unha entidade de iniciativa social e aconfesional sen ánimo de lucro que traballa principalmente no ámbito da saúde mental, na participación comunitaria e na integración de todas as persoas. Leva a cabo un proxecto de fomento da saúde mediante formación destinada a persoas de diferentes idades e dirixida á integración e promoción da saúde mental das persoas con trastornos mentais e as súas familias. O seu obxectivo principal é potenciar a autonomía e favorecer os hábitos prelaborais para integrar as persoas con discapacidade ou desempregadas na comunidade a través de actividades rehabilitadoras e medioambientais e, ao mesmo tempo, promover a participación cidadá e unha formación medioambiental e social que sensibilice as persoas para o encontro social e a promoción da saúde.

Áreas de intervención

  • Área de formación
  • Área de integración social
  • Área de emprego
  • Área de participación
  • Área de normalización lingüística
  • Área de igualdade

Persoas destinatarias

Persoas con trastornos mentais e as súas familias.

Xestión da calidade

  • ISO 9001 por EQA co seguinte alcance:
    • Organización de actividades dirixidas á integración social de persoas con discapacidade no ámbito da saúde mental
    • Deseño e impartición de accións formativas para a integración social e laboral de persoas con discapacidade
    • Promoción de actividades de participación cidadá mediante a animación sociocultural e o voluntariado

Principais proxectos

  • “Naturalmente”: proxecto de acompañamento, respiro familiar e fomento da autonomía
  • “Fiares”: proxecto de intervención familiar no eido da saúde mental
  • “Mentalízate”: proxecto de dinamización sociocultural e integración social para o fomento do voluntariado
  • Proxectos formativos para persoas con discapacidade de diversas idades
  • Divulgación e concienciación en centros educativos e asociacións xuvenís

Datos de contacto:

  • RUEPSS: E-5490
  • Enderezo
    • Vigo: Teis, Vigo
  • Horario de atención telefónica
    • De martes a venres: de 10:00 a 14:00 h
    • De martes a venres: de 16:00 a 17:30 h