Asociación Cultural Gallega de Formación Permanente de Adultos
ATEGAL
- Vigo
- 986 48 16 00 / 606 62 75 11
- vigo@ategal.com / administracion@ategal.com
- www.ategal.com

Obxecto
ATEGAL é un centro de referencia en innovación social que responde ás inquedanzas e necesidades actuais dunha xeración de persoas maiores de 55 anos activas, con ideas, experiencias, cultura e estilos de vida dinámicos e variados.
En ATEGAL traballamos para promover a autonomía persoal, fomentamos a participación e o protagonismo social deste colectivo poñendo en valor o talento sénior, potenciando o desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes e favorecendo a aprendizaxe permanente ao longo das súas vidas, con ferramentas para conseguir unha mellor calidade de vida nesta nova etapa.
Áreas de intervención
Formación e ocio:
- Área cultural
- Área de saúde
- Área ocupacional
Área de lecer
Persoas destinatarias
Adultos maiores, de máis de 55 anos.
Principais proxectos
Programa de voluntariado sénior.
“Aulas +Social”, un novo discurso fronte á lonxevidade.
- Programa “Sénior Lab”.
- Colaboración coa Cátedra de Cruz Vermella e coa USC.
- “Neuron Up: estimulación cognitiva en liña”.
- Participamos no deseño da Nova estratexia contra a soidade non desexada e tamén na Primeira estratexia nacional contra o idadismo, que desenvolve a Consellería de Política Social.