Fundación Meniños

 Fundación Meniños

Obxecto da entidade

Somos unha ONG que traballa polos dereitos da infancia e da adolescencia en situación de dificultade social, contribuíndo a xerar un ambiente familiar de seguridade e afecto. Ofrecemos servizos de intervención familiar de calidade contrastada para nenas, nenos e adolescentes en situación de dificultade social e promovemos o seu dereito a crecer nunha contorna familiar que asegure o seu benestar e desenvolvemento integral, actuando, investigando, difundindo coñecemento, innovando sobre a súa atención e favorecendo a participación doutras persoas e entidades na promoción dunha cultura de bo trato á infancia e á

adolescencia.

Persoas destinatarias

Infancia e familia

Principais proxectos:

  • Integración familiar.
  • Atención familiar.
  • Atención perinatal a mulleres en dificultade social.
  • Espazos de preservación familiar.
  • Proxectos educativos e de sensibilización.
  • Intervención con mulleres vítimas de violencia sexual.
  • Intervención con nenas e nenos vítimas de abuso sexual.
  • Atención a nenas, nenos e adolescentes que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero.
  • Programa de adopcións especiais  en Galicia.
  • Programa de acollemento familiar e adopcións especiais en Asturias. -Programa de adopción nacional, internacional e postadopción en Castela e León.

Enderezo

  • Praza América, núm. 2, Edificio Praza América, oficina 2.º F,

    36210, Vigo