Fundación Vicente Ferrer

Fundación Vicente Ferrer

A Fundación Vicente Ferrer é unha organización non gobernamental de desenvolvemento comprometida desde 1969 co proceso de transformación dunha das zonas rurais máis empobrecidas do sur da India: os estados de Andhra Pradesh e Telangana.

Esta entidade cre nas persoas e no poder da acción e implícase cos grupos máis desfavorecidos da India para lograr un desenvolvemento sostible e a xustiza social. O seu programa de desenvolvemento aplícase en 3.820 vilas e apoia preto de tres millóns e medio de persoas que traballan en todos os ámbitos imprescindibles para a transformación (educación, sanidade, vivenda e ecoloxía) e cos colectivos especialmente vulnerables do sur da India, coa infancia, coas mulleres e coas persoas con discapacidade. O modelo de desenvolvemento da Fundación Vicente Ferrer na India coincide co conxunto de propostas globais da Organización das Nacións Unidas para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible en 2030.

Un dos seus compromisos é divulgar a realidade e as dificultades da poboación rural da India para contribuír a unha sociedade ben informada desde a infancia: unha cidadanía crítica e corresponsable ten máis ferramentas para promover transformacións sociais, económicas e políticas e para impulsar a xustiza social e os compromisos da Axenda 2030.

A través da figura do amadriñamento ou apadriñamento, de doazóns regulares ou do financiamento de proxectos de persoas, empresas e institucións públicas que apoian o seu labor, a entidade traballa para erradicar a pobreza e as desigualdades no sur da India.

Datos de contacto

Delegación de Galicia e Principado de Asturias