#IGUALDADE

Emilia Pardo Bazán

feminista, intelectual e cosmopolita

A Deputación de Pontevedra presenta os pregos didácticos monográficos que dan visibilidade á figura e á contribución de Emilia Pardo Bazán á sociedade como feminista e intelectual.


Están destinados ao alumnado de primaria da provincia e serven como material de apoio na aula ou na casa para desenvolver actividades relacionadas coa autora. Gozan dun atractivo deseño que acolle á Emilia feminista, lectora, escritora, libertaria, empoderada e cociñeira. Todas as súas facetas nun só documento no que, ademais de presentar a súa biografía e varios fragmentos das súas obras máis destacadas, se invita ás nenas e aos nenos de Pontevedra provincia a poñer a proba os coñecementos adquiridos tras a súa lectura con actividades moi diversas que van desde o debuxo e a escrita ata a cociña e, tamén, a comparar a actualidade coa vida das súas avoas.

A Deputación de Pontevedra completa, con esta iniciativa, a súa particular conmemoración do centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán. A súa vida dedicada á literatura deixou un amplo legado de obras nas que sempre defendeu a igualdade de dereitos das mulleres. Cen anos despois moitos dos seus escritos continúan a estar plenamente vixentes e recollen numerosas reflexións feministas de actualidade.