Luis López asiste no concello de Moaña á misa de San Martiño
11/11/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este mércores na tradicional misa na honra de San Martiño celebrada na igrexa parroquial de San Martiño de Moaña nunha xornada na que a procesión non puido saír pola chuvia. O mandatario provincial amosa, coa súa asistencia a esta celebración popular, o compromiso da Deputación coas festas tradicionais e coa veciñanza da provincia.