Luisa Sánchez salienta en Vigo a importancia de comprender a realidade migratoria para construír unha sociedade máis xusta

05/03/2026

Luisa Sánchez salienta en Vigo a importancia de comprender a realidade migratoria para construír unha sociedade máis xusta

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, salientou este xoves a importancia de comprender a realidade migratoria para construír unha sociedade máis xusta e inclusiva. Foi durante a celebración da xornada ‘A realidade migratoria en Galicia: unha mirada desde a empatía’, un encontro organizado por ECCA Social e Entreculturas que reuniu na sede viguesa da Deputación de Pontevedra a entidades que traballan con migrantes como Cáritas, ACCEM, EAPN Galicia ou a Delegación Diocesana de Migracións.

Luisa Sánchez salientou que estes espazos de diálogo permiten “deternos, mirar de fronte a realidade migratoria e entendela en toda a súa complexidade”, destacando especialmente o valor de escoitar testemuños en primeira persoa. Igualmente, puxo en valor o labor dos colectivos que impulsan políticas de inclusión e acompañamento ás persoas migrantes que chegan buscando unha oportunidade.

Galerias de imaxes