A Deputación investirá 560.000 € na mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira, en Salvaterra de Miño

O presidente provincial, Luis López, confirmou que a Xunta de Goberno acaba de dar luz verde ao expediente para contratar as obras de mellora para actuar nun tramo de 900 metros desta vía da rede de estradas da Deputación

05/12/2025

Xunta de Goberno

A Deputación de Pontevedra acaba de dar luz verde ao expediente para contratar as obras de ensanche e mellora da estrada provincial EP-4102 Leirado-Lira, en Salvaterra de Miño, cun orzamento de preto de 560.000 euros. Tal e como explicou o presidente provincial, Luis López, con estes recursos actuarase nun tramo de 900 metros desta vía da rede de estradas da Deputación ao seu paso por Salvaterra de Miño.

En liñas xerais, na EP-4102 Leirado-Lira  levaranse a cabo traballos de mellora da funcionalidade e seguridade da vía, tanto para o tráfico rodado como para o peonil. Ademais, acondicionarase a drenaxe e dotarase á plataforma dun maior ancho.

"Seguimos –subliñou o presidente-, unha semana máis, avanzando na mellora das estradas de titularidade provincial, investindo recursos para garantir que estas vías, fundamentais na configuración do noso territorio, se encontren en condicións axeitadas de seguridade".