A Deputación leva este sábado un concerto de Malvela a Covelo no marco do programa provincial +Música

A actuación terá lugar na praza Mestre Cerviño ás 22:00 horas e enmárcase neste programa provincial que está dotado con 700.000 euros para colaborar cos concellos na súa programación cultural e difundir e fomentar a lingua e cultura galegas

23/06/2026

A Deputación de Pontevedra leva este sábado 27 de xuño a Covelo un concerto de Malvela, enmarcado na nova edición de +Música, o programa provincial para apoiar a programación cultural nos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia e difundir e fomentar a lingua e a cultura galegas. A actuación terá na praza Mestre Cerviño ás 22:00 horas.

Malvela é un dos grupos musicais máis populares e emblemáticos de Galicia, e este ano regresa con enerxía renovada presentando novas composicións que fusionan a esencia das coplas populares e pezas tradicionais. Con muiñeiras, malhao, rumba, xotas e pasodobres, Malvela convida a todos a non deixar que o corpo pare quieto, ofrecendo unha experiencia musical diversa e vibrante. O grupo destaca polas súas letras comprometidas e reivindicativas, onde erixen a súas voces en favor da liberación da muller. As letras de Malvela celebran a fortaleza, a independencia e a liberdade, posicionándose como mulleres e voces libres que deixan unha pegada duradeira na escena musical galega.

Este concerto é unha das 93 actuacións de +Música que se celebrarán entre os meses de maio e decembro en 58 concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia. Este programa ten un orzamento de 700.000 euros, cos que o organismo provincial aboa os custos de caché dos espectáculos e impulsa a reputación de Pontevedra como un destino cultural de primeiro nivel. A través de +Música, a Deputación aposta pola descentralización da cultura e a programación de actos culturais de calidade por toda a xeografía provincial.